VENRES 21 DE MARZO ÁS 21.00 HORAS
Rockcarballo reúne a algúns dos grupos máis representativos do municipio nun concerto no Pazo da Cultura
Mércores 19 de marzo do 2014
Hai que sinalar que non participaran todas as bandas que en principio estaban previstas por motivos laborais ou académicos, pero si haberá unha nutrida representación para encher de música o auditorio do Pazo da Cultura. Está prevista a presenza -por orde alfabética, que non por orde intervención- de Dude, Kids, Killer Cats, Lowcos,The Cerne, The Gentlemen, Tínperis e Versión Imposible. Unha noite de músicos, non só carballeses, senón tamén da comarca de Bergantiños, e para músicos e afeccionados, que de seguro gozarán como cada ano desta cita.