Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta valorará a posibilidade de...

ENTREVISTA COA DIRECTORA XERAL DE MOBILIDADE

A Xunta valorará a posibilidade de incluír a Carballo no Plan de Transporte Metropolitano de Santiago e A Coruña en 2015

Xoves 8 de maio do 2014

Ademais, eliminaríanse tamén os custos dos transbordos que os viaxeiros realizasen entre o autobús metropolitano e o urbano unha vez na cidade de destino, xa que os usuarios e usuarias poderían desprazarse no transporte urbano de forma gratuíta durante unha hora e media dende o momento da chegada. A Directora Xeral de Mobilidade manifestoulle ao Concello de Carballo o apoio do Goberno galego á súa petición, que, de saír adiante, convertería ao municipio no segundo de Galicia en integrarse en dúas áreas metropolitanas, tras o Concello de Miño, que dende o pasado mes de febreiro está incorporado ás áreas de Coruña e Ferrol. Respecto dos trámites que se deben seguir, unha vez que o Concello de Carballo recibise a documentación precisa por parte da Xunta, debería aprobar en Pleno a súa inclusión no Plan de Transporte Metropolitano. Hai que lembrar que a entrevista con Camino Triguero é a quinta que o Alcalde de Carballo realiza con responsables da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para falar sobre a inclusión de Carballo no Plan de Transporte Metropolitano. Na última delas, realizada co predecesor de Triguero, Rodríguez Bugarín, xa se quedara en elaborar os estudos necesarios para poder formalizar o acordo de inclusión.

Compartir: