Inicio Carballo ao día Hemeroteca Nenos e nenas do CEIP Canosa-Rus aprenden a...

O COLEXIO RECIBIU A VISITA DO CONSELLEIRO AGUSTÍN HERNÁNDEZ

Nenos e nenas do CEIP Canosa-Rus aprenden a importancia do aproveitamento dos recursos hidráulicos e da reciclaxe

Venres 9 de maio do 2014

Trátase da terceira edición desta campaña pola defensa dos recursos hídricos posta en marcha por Mapfre e Augas de Galicia, unha iniciativa que ten colaborado na formación de máis de 10.500 voluntarios concienciados coa necesidade de protexer un ben tan prezado como a auga, todos eles escolares de 4º, 5º e 6º de Primaria, que velarán polo uso responsable e o bo estado do recurso. Con esta campaña, que hoxe visitou o CEIP Canosa- Rus, búscase concienciar aos nenos e nenas sobre a problemática do ciclo da auga en Galicia, e aportarlles pautas responsables para o consumo de auga a través de boas prácticas, medidas e trucos para aforrar. Para a transmisión destes valores, ademais dos obradoiros, empréganse instrumentos como talleres de sensibilización ou cómics. Esta campaña é unha das moitas iniciativas nas que traballa a consellería a prol da auga, nas que este ano participarán más de 5.300 persoas. Así, Agustín Hernández tamén quixo lembrar a campaña Rede Auga ou o Proxecto Ríos, que leva a cabo xunto con Adega e na que a consellería leva colaborando desde 2011.

Compartir: