Inicio Carballo ao día Hemeroteca Continúan polos bares de Carballo as...

PRÓXIMAS PRESENTACIÓNS: O 10, 11,13, 14 E 15 DE MAIO

Continúan polos bares de Carballo as actividades da iniciativa "Contos de Taberna", que cada día suman máis público

Venres 9 de maio do 2014

Todos os actos son ás 20.30 horas, excepto o do martes 13 na Pedra, que por cuestións de axenda do escritor ten que comezar ás 20.00 horas. Xa desde o 23 de abril, Día do Libro, e até o 17 de maio, Día das Letras Galegas, as persoas que acoden a un dos 14 bares participantes no proxecto e fan un gasto mínimo de 15 euros -ou completar un vale de tres almorzos no caso das cafetarías-, levan de agasallo o texto e a ilustración propia dese bar. E é que cada un dos bares ten o seu relato, e a súa ilustración, personalizados. Esta é unha das iniciativas do programa #QuedamosenCarballo, que ao longo deste ano, e da man da Concellaría de Promoción Económica e Normalización Lingüística de Carballo se está a levar a cabo xunto con outras diversas accións que botan man da cultura e a creatividade para promocionar o noso comercio e negocios locais. Porque en Carballo queremos demostrar que a cultura e a lingua tamén son motores económicos. Entón, #QuedamosenCarballo? Quedamos nas tabernas para botarlle un conto?

Compartir: