Inicio Carballo ao día Hemeroteca O xornalista cercedense José Casás...

ENTREGA DE PREMIOS: NA FESTA DA LINGUA O VENRES 16 DE MAIO

O xornalista cercedense José Casás García gaña o X Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo

Luns 12 de maio do 2014

O traballo de José Casás poderá lerse nos seguintes xornais e publicacións periódicas ou de Internet: Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos. O artigo publicarase o domingo 18 de maio, no caso dos medios diarios, e no número inmediatamente posterior a esa data no caso dos medios non diarios. Os obxectivos do Premio a artigos xornalísticos normalizadores son promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso do idioma galego e promover o emprego do galego na prensa escrita. O xurado agradécelles a todos/as os/as autores/as a súa participación e sinala que "a convocatoria do Premio cumpre os seus obxectivos de promover a reflexión sobre a situación da lingua galega", tamén que "valora posi tivamente os traballos presentados, a participación e o traballo individual dos/as autores/as para achegar argumentos favorables á normalización da lingua galega", polo que "anima a todos/as os/as participantes a intentaren publicar e difundir o seu artigo, aínda que este non fose premiado".

Nas nove edicións anteriores deste certame foron premiados/as autores/as como Xurxo Fernández Carballido, Olga Patiño Abeixón, Ana Rodríguez Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera Fociños, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, María Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde, Carlos Callón ou Mariña Pérez Rei. Os interesados e interesadas poden consultar a acta do xurado nesta mesma nova nun documento en pdf.

Compartir: