Inicio Carballo ao día Hemeroteca "Carballo por etapas" volve para...

OS DÍAS 23, 24, 25, 30 E 31 DE MAIO E 1 DE XUÑO

"Carballo por etapas" volve para ofrecer os mellores produtos da comarca e da gastronomía local en 21 negocios hostaleiros

Mércores 14 de maio do 2014

A lista de bares, tascas, mesóns e locais hostaleiros en xeral que participan na iniciativa son: A Barra Bar, A Cervecería de Luís, Bodegón O Pescador, Café Bar Manaus, Cafetería Abastos, Cafetería Bar Embajador, Cafetería Bar Ginebra, Cervecería Ágora, Cervecería Beos Coruña, Cervecería A Bombonera, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Restaurante Brasería Caracola, Restaurante Cafetería Casadela, Restaurante el Hórreo, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante O Xabarín, Restaurante Vinoteca A de Pako, Taberna o Mexillón, Tasca o Casino, Trattoria Pizzería El Vesubio. Todos eles ofrecerán as tapas cun prato personalizado de "Carballo por etapas" que se une á cazola que xa se empregou na primeira edición. Así mesmo, en todos os locais os empregados usarán o mandil de "Carballo por etapas" e terán en común unha carta conmemorativa, ademais de diferentes actividades de animación con gaiteiros. Para ofrecer aos interesados e interesadas a posibilidade de degustar todas as tapas, un tren turístico cedido polo Concello de Cabana percorrerá unha ruta por todos os establecementos durante os días da cita. O Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, lembrou que esta iniciativa se enmarca dentro do programa "#QuedamosEnCarballo" que ofrece durante todo o ano "unha programación singular para o comercio e a hostalería local". Á súa vez, o Alcalde, Evencio Ferrero, quixo subliñar que "o comercio, a hostalería e os emprendedores son tamén unha boa inversión".

Compartir: