Inicio Carballo ao día Hemeroteca O grupo canario Efecto pasillo será o...

SON COÑECIDOS POR TEMAS COMO "PAN Y MANTEQUILLA"

O grupo canario Efecto pasillo será o encargado de animar as Festas de San Xoán na Praza do Concello o 25 de xuño

Xoves 15 de maio do 2014

Ademais de "Pan y mantequilla" e "No importa que llueva", "Funketón" é outro dos hits cos que revolucionaron o panorama musical, acadando o número 1 nas principais radios, televisións musicais e plataformas dixitais, e sumando trinta millóns de visitas en Youtube. Con máis de 90 concertos, a xira de Efecto Pasillo foi unha das máis importantes de 2013 en España. En novembro lanzaron a reedición do seu disco con varias cancións inéditas, entre as que se encontran o seu novo single "Buscando una luz" e "Hecho con tus sueños", un dueto con Leire Martínez (vocalista de La Oreja de Van Gogh). En 2014 darán os seus primeiros pasos en Latinoamérica e en verán xirarán de novo por España presentando en directo "O misterioso caso de Efecto Pasillo", facendo unha parada en Carballo para animar a todas as persoas que se acheguen ao San Xoán. Os interesados e interesadas poden consultar o web de Efecto Pasillo nesta mesma nova.

Compartir: