Inicio Carballo ao día Hemeroteca A música festeira de Os Tres...

VENRES 16 DE MAIO A PARTIR DAS 21.00 HORAS

A música festeira de Os Tres Trebóns e o hip hop de García Mc, na Festa da Lingua de Carballo con motivo do Día das Letras

Xoves 15 de maio do 2014

Nesta Festa da Lingua tamén haberá espazo para a palabra. Por un lado, será o escenario da entrega do X Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo, que gañou o xornalista de Cerceda José Casás, e, por outro lado, a mocidade de Carballo tomará a palabra para dicir ben alto que quere vivir en galego, e farao a través da declaración "Polo futuro da nosa lingua, nós queremos usala hoxe e todos os días", que elaboraron e farán pública as mozas Cristina Fuentes, Sabela Lista e Andrea Loureiro. Porque a lingua tamén necesita de festa e de enerxía. Porque o Día das Letras Galegas é unha data para, simultaneamente, festexar e reivindicar o noso maior ben colectivo, que é o noso idioma. Porque o galego é lingua de letras, pero tamén de festa, de comunicación, de mocidade, de comercio, de música, de amor, de tecnoloxía. Por isto, e moito máis, esta Festa da Lingua á que está todo o mundo convidado a participar, e que será este venres, 16 de maio, ás 9 da noite, con entrada libre e gratuíta.

Compartir: