Inicio Carballo ao día Hemeroteca A organización ADEAC concede o distintivo...

EN MARCHA O PROCESO PARA OBTER A CERTIFICACIÓN ISO 14001

A organización ADEAC concede o distintivo de Bandeira Azul ás praias carballesas de Pedra do Sal e As Saíñas

Xoves 15 de maio do 2014

Noutra orde de cousas, tamén hai que subliñar que nestes momentos está aberto o proceso selectivo para contratar o servizo de socorrismo para as praias do municipio, que principia o mes de xuño con 20 traballadores, aos que se sumarán outros 12, ata un total de 32, entre o 1 de xullo e o 31 de agosto. O servizo prolóngase até o comezo do curso lectivo en setembro, mes no que haberá de novo 20 socorristas. Tamén hai que mencionar que o Concello de Carballo realiza regularmente labores de acondicionamento dos accesos e aparcadoiros aos areais do municipio, ademais de contar cun servizo específico de limpeza. Así, dende xuño de 2010, a empresa Eulen encárgase do labor de 'Limpeza de praias do municipio de Carballo' non só durante o verán, senón tamén dende o 16 de setembro até o 1 de outubro e dende o 1 de abril até o 15 de abril, co obxecto de garantir o mellor estado posible dos areais. Hai que lembrar que as praias de Razo, As Saíñas ou Pedra do Sal constitúen un dos principais atractivos turísticos de Carballo. Milleiros de persoas achéganse a eles durante a tempada de bo tempo para gozar da paisaxe e o mar. Quen prefira optar pola soidade e o silencio, pode internarse no extenso sistema de dunas que caracteriza este espazo natural incluído na Rede Natura 2000.

Compartir: