Inicio Carballo ao día Hemeroteca "As letras en voces" conmemora o 17 de...

A PARTIR DAS 11.00 HORAS NO XARDÍN MUNICIPAL

"As letras en voces" conmemora o 17 de maio recoñecendo a lingua galega e involucrando a todos os cidadáns

Venres 16 de maio do 2014

O programa complétase con outras citas. Así, ás 12.00 horas na Ludoteca Municipal terá lugar un Contacontos En Familia dirixido a nenos/as a partir de 3 anos. Esta actividade correrá a cargo da coñecida compañía Baobab Teatro. A entrada é gratuíta e o aforo está limitado pola capacidade da Ludoteca. A xornada dedicada a homenaxear á lingua galega finaliza co tamén tradicional Concerto das Letras da Banda Municipal de Música de Carballo que dirixe Vicente Pérez Planells e que realizarán a súa actuación a partir das 13.30 horas na Rúa Coruña. Ademais de todas estas actividades, e desde as 11.00 horas, desenvolverase a XXXV Edición do Concurso de Pintura Luís Calvo, unha cita co debuxo e a pintura dirixida sobre todo aos máis cativos/as, que organiza a Asociación Cultural Lumieira no Xardín Municipal. Para pechar esta fin de semana dedicadas ás Letras e que xa comeza o venres 16 coa Festa da Lingua, o domingo celébranse en Berdillo os Encontros Culturais Arume, un festival de música e baile tradicional que terá lugar no Local Social a partir das 17.30 horas.

Compartir: