Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Alcalde e a Concelleira de Educación...

A COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN CELÉBRASE O MARTES 20 DE MAIO

O Alcalde e a Concelleira de Educación reúnense coas nais e pais dos nenos e nenas de tres anos que quedaron sen praza no Fogar

Luns 19 de maio do 2014

Así, Evencio Ferrero vén de manter unha conversa co Xefe Territorial, Indalecio Cabana Leira, para expresarlle o apoio da administración local á postura das nais e pais, que nalgúns casos deberán percorrer máis de dous quilómetros para poder levar cada día aos nenos e nenas ao seu centro educativo de non chegarse a unha solución para que consigan obter praza no Fogar. En todo caso, a decisión definitiva tomarase na Comisión de Escolarización que se celebra o martes 20 de maio ás 10.00 horas no CEIP Fogar, e na que se transmitirán as directrices da Xunta para asignar praza nun dos centros educativos do casco urbano a cada un dos nenos e nenas afectados. Contra esa resolución, as nais e pais que o desexen poderán presentar recurso ante a Xefatura Territorial de Educación. Durante a xuntanza, os afectados e afectadas non descartaron realizar mobilizacións para facer valer a súa petición, xa que consideran que, coa eliminación dunha unidade de Educación Infantil do Fogar, a Xunta está incumprindo a súa propia normativa respecto das pautas de escolarización.

Compartir: