Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde na Xunta de Goberno para a...

CARBALLO ACOLLERÁ O X CURSO SOBRE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Luz verde na Xunta de Goberno para a creación dunha aplicación web para xestionar o servizo de axuda no fogar do Concello

Luns 19 de maio do 2014

Tamén no apartado de convenios, recibiu luz verde un acordo entre o Concello e a Asociación As Eiroas de empresarios e propietarios do Parque Empresarial de Bértoa para instalación de sistemas de video vixilancia, o que suporá a ampliación do existente na actualidade. Está previsto que o convenio se formalice o martes 20 de maio ás 13.00 horas na Casa do Concello. Aprobouse tamén o Convenio Musical 2014, que supón a achega dun total de 22.930 euros repartidos entre 36 agrupacións musicais que van dende grupos de música e danza tradicional, a masas corais, orquestras, conxuntos e bandas de musica. Fóra da orde do día tamén se aprobou unha modificación no Convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Carballo para financiar o proxecto "#QuedamosEnCarballo". Así, producirase un incremento de 30.000 euros na achega de fondos propios por parte do Concello de Carballo para o desenvolvemento da marca e edición de materiais (con 5.000 euros); para o desenvolvemento de accións de dinamización da hostalería e o comercio (con 15.000 euros); e para desenvolver programas de intervención urbana con artistas (con 10.000 euros). O custo total do convenio pasará de 118.750 a 148.750 euros, mais non se modificará a contía máxima achegada polo entre provincial (de 95.000 euros).

O apartado de convenios pechouse coa aprobación dun acordo entre Escola Básket Xiria e o Concello para a celebración do Día Autonómico co Pequebasket que tivo lugar o 17 de maio. A Xunta de Goberno Local tamén supuxo luz verde para a composición da Comisión de Festas de San Xoán 2014. En representación da Asociación Cultural San Xoán figura como presidenta María José Souto Cristóbal; como secretario Gustavo Lorenzo Pena; e como vogais José Antonio Deus Antelo, Xan Fernández Carrera, Sergio Varela Fuentes e José Luís Fraga Álvarez; en representación do Concello de Carballo forman parte da comisión a Concelleira de Festas, Belén Lendoiro; o Concelleiro de Mocidade, Daniel Pérez; e a animadora cultural do Concello Carmen Castro. Por último a sesión supuxo a tramitación de dúas licenzas de obra; unha licenza de primeira ocupación e apertura; unha licenza de primeira ocupación; e a aprobación dun estudo detalle para a zona da avenida de Bértoa solicitado por Lidl Supermercados SAU.

Compartir: