Inicio Carballo ao día Hemeroteca A escudaría Máis Motor inaugura a...

SÁBADO 24 DE MAIO COS ADESTRAMENTOS A PARTIR DAS 12.00 HORAS

A escudaría Máis Motor inaugura a tempada no Circuíto de Bértoa coa celebración do 1º Autocross Carballo

Mércores 21 de maio do 2014

A escudaría quixo expresar o seu agradecemento ao Concello, colaboradores e patrocinadores, pero tamén especialmente aos máis de 70 voluntarios e voluntarias que contribúen ao desenvolvemento da proba. Respecto dos pilotos que está previsto que participen na cita, a escudaría ten confirmada a presenza de Michael Viñariño e Sergio Cancela, entre os locais; do campión galego Gabriel Serrano; ou de pilotos cataláns que teñen sido campións ou subcampións de España, como Juanjo Mol. O presidente de Máis Motor, Juan Puga, subliña que "todos os pilotos punteiros van estar presentes". O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quixo resaltar que, a pesar de tratarse dunha escudaría de recente creación, Máis Motor, "conta con xente de sobrada experiencia". De mesmo xeito, o Alcalde, Evencio Ferrero, salienta que na directiva hai persoas "que lle teñen dedicado moitas horas ao mundo do motor", polo que confía en que a carreira sexa un éxito, especialmente "porque é unha actividade deportiva que normalmente reúne a moitísima xente". Por último, desexou a vitoria para os pilotos locais para que poidan subir na clasificación do Campionato Galego. Os interesados e interesadas en ver o cartel anunciador da cita, ou en obter máis información sobre a escudaría, poden facelo na páxina web de Máis Motor nesta mesma nova.

Compartir: