Inicio Carballo ao día Hemeroteca "Carballo por etapas" arrinca o 23 de...

PARTICIPAN UN TOTAL DE 21 LOCAIS HOSTALEIROS

"Carballo por etapas" arrinca o 23 de maio coa mellor oferta gastronómica local e da comarca con tapas a un euro

Xoves 22 de maio do 2014

Pero "Carballo por Etapas" continúa os días 24, 25, 30 e 31 de maio e 1 de xuño, en dúas fins de semana completas nas que os 21 establecementos participantes ofrecerán aos seus clientes tapas especiais por 1 euro. Con cada tapa, o público recibirá un rasca co que poderá obter premios instantáneos: gorras, camisetas, botellas magnum e as propias tapas. Unha das características da oferta gastronómica é que, ao mesmo tempo, contribúe á promoción dos produtos da zona. Así, a primeira fin de semana estará dedicada ao atún Calvo, que será o ingrediente principal das tapas. Na segunda, a promoción chegará aos produtos da horta de Bergantiños, grazas á colaboración da EFA Fonteboa e do GDR Bergantiños. Polo que se refire aos horarios de Carballo por Etapas, a oferta do venres concentrarase entre as 20.00 e as 22.00 horas, a partir do acto inaugural. O resto dos días os clientes poderán degustar as distintas tapas tanto pola mañá, de 12.00 a 14.00 horas, como pola tarde, de 20.00 a 22.00.

Neses mesmos horarios estará en servizo o tren turístico, que facilitará os desprazamentos entre os locais, xa que a ruta abrangue todo o casco urbano e mesmo Bértoa. Os establecementos participantes estarán identificados con moqueta no exterior, bandeiríns e carteis, e todo o material que se utilizará para servir as tapas, como manteis, servilletas e os pratos, tamén serán conmemorativos da iniciativa. De igual xeito, os hostaleiros utilizarán mandís identificativos de Carballo por Etapas, o que contribúe a unificar a imaxe dos 21 locais que integran a ruta.

Compartir: