Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello anima aos veciños e...

ONCE ANIMAIS ESTÁN HOXE Á ESPERA DUN FOGAR

O Concello anima aos veciños e veciñas a que adopten cans na Canceira Municipal e á responsabilidade ante o abandono

Xoves 22 de maio do 2014

No verán prodúcense moitos abandonos de animais, moitos deles debidos á chegada de camadas non desexadas, por iso queremos animar aos propietarios de cadelas que non queiran ter crías, que procedan á esterilización das mesmas, para evitar sorpresas e non ter que tomar decisións como as do abandono. Xa son moitas as posibilidades que hai de adopción, debido ao alto número de animais existentes nas protectoras e nas canceiras, por iso debemos evitar aumentalo con camadas non desexadas. Ademais, hai que lembrar que é obrigatorio terlle microchip ao noso can, de tal xeito que cando se atopa un animal extraviado podemos devolvelo ao seu dono sen grande dificultade, quen non o teña debe facelo, é importante. A Canceira municipal está no Parque Empresarial de Bértoa, compartindo instalacións co Punto Limpo. "Un can é un amigo, non un xoguete. Se queres ter un, non o merques. Adóptao na canceira e nunca o abandones".

O horario da Canceira é: xoves e sábados de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 horas. Os teléfonos son o 981 754 917 e 981 704 100; e o enderezo electrónico é <carballo@laceriaservigal.es>. Desde Carballo Limpo, agradécese de antemán a colaboración da cidadanía chamando ao 981 75 49 17, na web <www.carballolimpo.com> ou en Twitter en @CarballoLimpo. Os interesados e interesadas poden consultar o web da Canceira nesta mesma nova.

Compartir: