Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Volei Xiria opta a contar cun equipo na Liga...

ENCONTROS A PARTIR DAS 10.00 HORAS NO PAVILLÓN CARBALLO CALERO

O Volei Xiria opta a contar cun equipo na Liga masculina Galega Infantil de quedar finalista na fase do 24 de maio en Carballo

Xoves 22 de maio do 2014

Rosalino Mariño asegura que para a próxima tempada o Xiria contará con tres equipos en categoría infantil, dous femininos e manterá o equipo mixto. Mais espera que, de terse éxito o 24 de maio, sexa posible crear un equipo masculino. Mariño quixo agradecer a colaboración do Concello de Carballo para que a fase autonómica teña lugar na vila, o que sempre contribúe a crear novos afeccionados e deportistas. De feito, o Volei Xiria infantil mixto tamén está clasificado para loitar pola vitoria na fase final provincial que ten lugar a última fin de semana de maio na Coruña; e tamén opta en categoría alevín feminina a gañar o Campionato Galego que ten lugar en Lugo o 1 de xuño. O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quixo felicitar ao Xiria "polo traballo que desenvolve cada ano"; mentres que o Alcalde, Evencio Ferrero, subliñou o feito de a vila segue "nun frenesí deportivo" que fai que o 24 de maio Carballo acolla "tres acontecementos destacados", como son a fase de voleibol, o Trofeo Ciclista Concello de Carballo ou o 1º Autocross Carballo. En concreto desexoulle ao Volei Xiria moita sorte na eliminatoria e defendeu o fomento do deporte de base, tamén no volei, "con cada vez máis xente en competición". Os interesados e interesadas poden descargar o cartel anunciador da cita nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: