Inicio Carballo ao día Hemeroteca As Escolas de Verán de Balonmán...

ANOTACIÓNS ATÉ O 31 DE MAIO NAS OFICINAS CARBALLO DEPORTE

As Escolas de Verán de Balonmán Xiria cumpren 21 anos fomentando a convivencia e o deporte entre os máis cativos

Xoves 22 de maio do 2014

Marcos Rodríguez tamén subliña que este ano o obxectivo é dar un paso máis nas Escolas de Verán, tentando conectar todas as actividades entre si para darlles unha continuidade. Así mesmo, está previsto crear un blog no que os nenos e nenas poderán reflectir as súas impresións e mesmo actuar como xornalistas relatando as súas experiencias. Respecto das cotas, para dous meses a normal é de 130 euros ou de 110 para o segundo irmán e sucesivos; e de 75 euros para un único mes ou de 65 euros para o segundo irmán e sucesivos. A este prezo sumaráselle, de solicitalo, o importe do acollemento en Xolda de 7.00 a 10.00 horas, que é de 43 euros ao mes con almorzo; e de 33 euros ao mes sen almorzo. O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixeron resaltar o feito de que estas escolas leven xa 21 anos en marcha, servindo incluso de referencia para as doutras entidades. Para Ferrero "o gran número de xente que participa nas escolas", que cada ano roldan o cheo das 250 prazas, "é un gran aval", xa que amosa que "as familias teñen confianza absoluta nesta actividade". O Alcalde tamén aproveitou para transmitir os seus parabéns ao Balonmán Xiria e persoalmente a Marcos Rodríguez e ao Vicepresidente, José Antonio Rodríguez, porque "todos debemos sentirnos orgullosos do traballo deportivo das Escolas de Balonmán Xiria".

Os interesados e interesadas poden descargar o tríptico informativo coa ficha de inscrición nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: