Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde no pleno ordinario de maio á...

MOCIÓN PARA CREAR UN ACCESO A RAZO-BALDAIO DENDE A AG-55

Luz verde no pleno ordinario de maio á modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas do Conservatorio Municipal de Música

Martes 27 de maio do 2014

No presente curso 2013-2014, o Conservatorio conta cun total de 233 estudantes, dos que 173 están matriculados en Grao Elemental e 60 en Profesional. Respecto dos prezos das novas taxas, serían os seguintes: en Grao Elemental o curso completo custaría 314,21 euros; as materias pendentes 77,18 euros; e a proba de acceso a 2º, 3º e 4º curso 55,13 euros. En Grao Profesional, o curso completo en 1º ou 2º curso serían 369,34 euros; o curso completo en 3º ou 4º curso, 424,46 euros; o curso completo en 5º ou 6º curso, 485,10 euros; as materias soltas/pendentes 110,25 euros; e a proba de acceso a Grao Profesional, 88,20 euros. Seguindo co apartado de ordenanzas, o pleno sacou adiante cos votos a favor de PSOE e BNG e a abstención do resto dos partidos da corporación, a aprobación inicial da Ordenanza municipal reguladora da protección dos camiños e vías públicas municipais en relación coas operacións forestais e similares. O cambio nesta normativa supón a adaptación do texto á Lei de Montes de Galicia, ademais de recoller as modificacións que indica a directiva Bolkestein do Parlamento Europeo respecto da saca de madeira. A ordenanza tamén recolle o réxime de sancións establecido.

Unanimidade para crear un novo acceso á zona costeira

Por último, e nunha sesión que durou arredor dunha hora, saíu adiante por unanimidade, aínda que cunha emenda, unha moción presentada por TEGA na que se solicita ante a Xunta de Galicia que se realice un enlace da autovía AG-55 coa estrada da Deputación CP-1902 entre Razo e Baldaio para poder facilitar o acceso á zona costeira do municipio. Así mesmo, pide que o Concello solicite da Deputación da Coruña que apoie esta demanda, ao tratarse dunha estrada da súa competencia. A emenda supuxo eliminar a parte do texto referida á "prioridade absoluta" na creación da nova vía. Para rematar, xa dentro do apartado de seguimento de órganos de goberno, o pleno deu conta dun informe sobre a conta xeral de 2013, que pasará un período de exposición pública antes de volver ao pleno para a súa aprobación definitiva.

Compartir: