Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo Limpo e Ecovidro promoven a reciclaxe de...

REPARTIRANSE CUBOS ADAPTADOS PARA OS LOCAIS QUE O SOLICITEN

Carballo Limpo e Ecovidro promoven a reciclaxe de vidro coa colaboración de preto de 70 establecementos de hostalería

Sábado 31 de maio do 2014

Estes últimos son colectores de Volteo para a Asistencia de Colectores Rodantes Individuais (VACRI), e foron adecuados cunha boca ancha, e un sistema de elevación hidráulica para facilitar o baleirado do cubo cos residuos de envases de vidro froito da actividade hostaleira (na imaxe). O sector HORECA (Hostalería, Restauración, Cafeterías) é fundamental para incrementar os quilogramos de envases de vidro depositados nos colectores españois, xa que consume o 48 por cento dos envases de vidro. Por esta razón, é importante informar aos hostaleiros da importancia de realizar unha correcta separación dos envases de vidro en orixe. Os colectores de vidro situados nas rúas, serven para recoller unicamente os envases de vidro: botellas, tarros e frascos que se consumen no sector e nos fogares. Hai outros materiais, como poden ser a cerámica ou outros tipos de vidro (pratos, vasos, cristais de ventás, etc.), que ao ter unha composición distinta á do vidro dos envases, deben ser depositados nos puntos limpos dos pobos e cidades.

Datos de reciclado de vidro en Carballo

Esta campaña tamén servirá para seguir elevando e mellorando os quilogramos de residuos de envases de vidro depositados nos colectores da localidade. Segundo os últimos datos dispoñibles, os veciños de Carballo reciclaron un total de 504.320 quilogramos de vidro en 2013, o que supón que cada cidadán reciclou máis de 16 quilogramos de vidro por persoa durante o pasado ano, cifra moi superior á media galega fixada en 13,8 kilos por habitante. Respecto a Ecovidro, trátase dunha asociación sen ánimo de lucro encargada da xestión do reciclado dos residuos de envases de vidro nos colectores de toda España. Ecovidro encárgase de xestionar a recollida selectiva de envases de vidro mediante a instalación de colectores para facilitar a colaboración cidadá e garantindo o seu reciclado. Ademais, realiza campañas de sensibilización cidadá e promove a prevención estimulando a redución do volume dos residuos que se xeran. Recordamos que o cen por cen do vidro depositado nos colectores se recicla e é usado para fabricar novos envases de vidro, logrando numerosos beneficios ambientais.

Compartir: