Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Bolsa de Traballo Municipal mantén...

PRAZAS DISPOÑIBLES NUN CURSO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA

A Bolsa de Traballo Municipal mantén abertas catro ofertas de emprego, tres delas dirixidas ao sector da hostalería

Venres 30 de maio do 2014

Dende a BDT as técnicas responsables informan de que están tramitando novas ofertas de traballo para os próximos días, e que a vontade do servizo tamén é seguir impartindo cursos formativos para desempregados inscritos na BDT. Así, nos próximos meses esperan poñerse en marcha accións formativas relacionadas co sector comercial e coa introdución ás novas tecnoloxías. Ademais, no apartado formativo, hai que mencionar que nestes momentos está aberto o prazo para participar nun Curso de Eficiencia Enerxética de 30 horas de duración que organiza o departamento de Promoción Económica que dirixe Xosé Regueira. Os interesados e interesadas poden anotarse o luns 2 e o martes 3 de xuño no Fórum Carballo. Trátase dun curso dirixido a persoas con coñecementos técnicos previos procedentes de sectores como ou metal, electricidade, fontanaría, albanelería, química, saúde ambiental, etc. Para calquera trámite relacionado con accións formativas e coas actividades da BDT, os interesados e interesadas poden contactar no enderezo electrónico <bdt@carballo.org> ou a través do número de teléfono 981 709 011. Tamén poden acudir directamente ao servizo no Fórum Carballo, Praza dos Bombeiros Voluntarios s/n (barrio da Milagrosa).

Compartir: