Inicio Carballo ao día Hemeroteca O FIOT outorgará o Xograr de Outono 2014...

A ENTREGA DO GALARDÓN TERÁ LUGAR DURANTE O FESTIVAL

O FIOT outorgará o Xograr de Outono 2014 ao titiriteiro e actor con máis de 30 anos de traxectoria Eduardo Rodríguez "Tatán"

Sábado 31 de maio do 2014

Eduardo Rodríguez "Tatán" (Redondela, 1954) tras varios anos de formación en Barcelona, nos que se empapou da experiencia do Harry V. Tover, un dos máis importantes lutiers de monicreques do mundo, e co que aprendeu non só manipulación senon tamén creación de monicreques de fío, regresa a Galicia no ano 1983 para desenvolver a súa aprendizaxe como actor e titiriteiro e funda a compañía Tanxarina Títeres hai 30 anos e que conta con máis de 20 espectáculos. Como actor teatral, destacar que foi fundador de dúas compañías de teatro o Colectivo de teatro Cirigaita e Producións Teatrais do Sur SL, cos que participou en tres espectáculos nos anos 90. Ademais colaborou coa compañía Teatro do Morcego en "A branca rosa" (2000) e "Os vellos non deben namorarse" (2001) no personaxe de Saturio e co Centro Dramático Galego en "A cacatúa verde" (2001). Ademais colaborou coa compañía Matarile no espectáculo "O cumpreanos da infanta" de Oscar Wilde. Tamén ten unha longa traxectoria tanto en cine como en televisión. Participou como actor nalgunha das series de televisión máis exitosas de Galicia, como en "Pratos combinados" (2000), "Mareas Vivas" (2000), "Fíos" (2002), "As Leis de Celavella" (2002), "A vida por diante" (2005) e "Terras de Miranda" (2006). No cine debutou da man de José Luís Cuerda en "A lingua das bolboretas" (1998), e despois participaría en películas tan importantes como "O lápiz do carpinterio" (2001) de Antón Reixa, (2001), "O regalo de Silvia" (2002) de Dionisio Fernández e "Heroína" (2003) de Carlos Herrera.

Compartir: