Inicio Carballo ao día Hemeroteca Xogar na rúa pecha o programa de Deporte...

A CITA É O SÁBADO 7 DE XUÑO A PARTIR DAS 17.00 HORAS

Xogar na rúa pecha o programa de Deporte en Idade Escolar rexistrando preto de 1900 sesións de actividades deportivas

Luns 2 de xuño do 2014

Respecto das normas de participación da cita, son as dos últimos anos. Cada neno ou nena localiza no plano a actividade que desexa practicar, que conta cun monitor responsable encargado de supervisala. Os participantes deben respectar en todo momento as decisións dos animadores, non saír do recinto da Praza e colaborar no mantemento da limpeza do espazo. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixo subliñar que o ideal é que cada neno practique varias das modalidades deportivas dispoñibles en Xogar na rúa. Así mesmo, resaltou o feito de que "mentres que o fácil nalgúns concellos en época de axustes é prescindir de actividades", o Concello de Carballo "mantívoas todas", incluso "ampliando algunhas delas", como o Programa de Exercicio Físico para Maiores que celebrou a súa clausura o sábado 31 de maio coa presenza este curso dun maior número de parroquias. Respecto da cita do sábado 7 de maio, manifestou que "ben está que o deporte estea na rúa e que a xente goce da rúa facendo deporte", porque "deporte é saúde e solidariedade".

Compartir: