Inicio Carballo ao día Hemeroteca O concurso "Na busca do tesouro"...

SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN Á SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE

O concurso "Na busca do tesouro" pretende potenciar o comercio a través dunha actividade lúdica que regala unha viaxe a Eurodisney

Luns 2 de xuño do 2014

A orde do día da Xunta de Goberno tamén incluíu, no apartado de subvencións, unha solicitude de axuda á Secretaría Xeral de Igualdade á Entidades Sociais para a promoción económica da igualdade no ano 2014. Así, solicítanse 5.000 euros para desenvolver actividades de prevención e sensibilización e concienciación sobre a violencia de xénero na sociedade; 5.000 euros para o financiamento do programa Concilia de Verán; e 55.307,76 euros para o programa de apoio ao Centro de Información á Muller a través da contratación de dirección, asesoramento xurídico e asesoramento psicolóxico do CIM. No mesmo apartado, a sesión supuxo a aprobación da subvención á Comisión de Festas San Xoán 2014 para o desenvolvemento do programa de festexos das celebracións na honra do patrón. Así mesmo, adxudicáronse as subvencións a ANPAs 2014 para a realización do programa de actividades escolares. Concédense sete subvencións por un importe de 4.900 euros; e adxudicáronse as axudas para viaxes escolares 2014, con 13 subvencións por un importe total de 6.315 euros.

No apartado de convenios, recibiron luz verde un total de tres, dous deles fóra da orde do día. Así, aprobouse un acordo coa Fundación Luís Calvo Sanz para promocionar a práctica do fútbol entre a mocidade carballesa a través das Escolas da entidade e mantendo o Concello un compromiso cara a expansión, crecemento sostido e estruturación para reforzar o deporte entre a infancia do municipio. Tamén saíu adiante un convenio entre o Concello e o Club Ciclista Carballo co fin de sentar os alicerces do desenvolvemento dentro do seo asociativo da actividade deportiva con proxección de futuro, apoiando as actividades realizadas polo Club, que lle ofrece ao Concello a súa experiencia para a realización dun programa anual de actividades dentro das especialidades do citado club. O terceiro dos convenios é a prórroga dun acordo subscrito entre o Concello e Radio ECCA para colaborar na formación das persoas adultas do Concello de Carballo, e en especial para os adultos interesados na preparación das probas para a obtención do Graduado en Secundaria.

Xa no apartado de contratacións, a sesión supuxo a adxudicación do Contrato administrativo de "Subministro, por renting, de oito copiadoras con destino ás oficinas municipais do Concello de Carballo". A adxudicataria será a empresa Ricoh España SLU por un prezo de 62.536, 38 euros (IVE incluído). Aprobouse, así mesmo, unha prórroga dun ano para o Contrato administrativo de "Servizo de ensaio para a especialidade de percusión que está a prestar por parte do Concello de Carballo no Conservatorio Profesional de Música, así como o de asistencia técnica á Banda de Música de Carballo".

Compartir: