Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os Novos Intérpretes do Conservatorio de...

AUDITORIO DO PAZO DA CULTURA A PARTIR DAS 20.00 HORAS

Os Novos Intérpretes do Conservatorio de Carballo ofrecen os tradicionais concertos de fin de curso entre o 4 e o 6 de xuño

Martes 3 de xuño do 2014

Con estes concertos, o profesorado do Conservatorio mostra, por un lado, o traballo que levan desenvolvendo estes músicos ao longo de todo o ano e, por outra, inténtase fomentar e contaxiar o espírito e gusto pola música entre todos aqueles que se acheguen a escoitar a estas novas promesas. Todas as citas terán lugar no auditorio do Pazo da Cultura a partir das 20.00 horas e a entrada é libre e gratuíta ata completar aforo. Os programas de actuación poranse a disposición de medios e público o día antes de cada cita, tendo en conta que poden sufrir algunha modificación de última hora. Porén, os interesados e interesadas poden descargar xa nesta nova o correspondente co mércores 4 de xuño.

Compartir: