Inicio Carballo ao día Hemeroteca O fútbol únese coa solidariedade...

DOMINGO 8 DE XUÑO NO CAMPO "O CARRAL" DE SOFÁN

O fútbol únese coa solidariedade para celebrar o Día das Vermellas, unha xornada futbolística a beneficio de Cruz Vermella

Mércores 4 de xuño do 2014

O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quixo expresar o seu aopio a esta iniciativa xa que ve "como unha vez máis o deporte constrúe a sociedade e apoia unha iniciativa fermosa". Do mesmo xeito, o presidente da UD Paiosaco, Alfonso Pazos, manifestou a súa satisfacción porque na SD Sofán "vos acordarades de nós" e desexou que "todo vaia ben, que se recade moito e que o pasemos ben". Matilde Anido quixo gabar tamén o labor dos clubs de fútbol, especialmente cos cativos e cativas xa que "o traballo que se fai cos rapaces é un labor social e deportivo moi importante", que contribúe a solucionar moitos problemas. Anido tamén lembrou que durante o Día das Vermellas a ONG venderá lotería para o sorteo do 17 de xullo como outra forma de recadación. Por último, o Alcalde, Evencio Ferrero, quixo salientar a "solidariedade coa sociedade" e a "amizade entre os clubs" que implica a celebración deste acto, especialmente nunha época na que "hai que atender a moitas familias que teñen tremendas dificultades para facer o seu labor do día a día". Quixo gabar a iniciativa do Sofán e o Paiosaco "que dan un paso máis e levan o deporte á fronteira de pensar nos demais". Para rematar, desexou que moito público se achegue o domingo 8 de xuño ao campo do Sofán nunha mostra de "cariño e compromiso".

Os interesados e interesadas poden descargar o cartel anunciador da iniciativa en pdf así como consultar a páxina web da Asemblea Local da Cruz Vermella nesta mesma nova.

Compartir: