Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle dúas fases finais da Copa...

DÍAS 7 E 8 DE XUÑO NOS PAVILLÓNS VILA DE NOIA E CARBALLO CALERO

Carballo acolle dúas fases finais da Copa Primavera en categorías infantil e preminibasket nas que participa o Artai

Mércores 4 de xuño do 2014

Tanto o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, como o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, manifestaron a súa satisfacción por estar "nun Concello no que se fai semana a semana promoción do deporte de base", en verbas de Ferrero. Para o Alcalde, o deporte "é unha das marcas de Carballo", coa presenza "de moita xente comprometida co deporte" como o propio Joaquín Moreira. Para rematar, desexou "que o baloncesto nos siga dando moitas alegrías deportivas" a amosou o seu "recoñecemento público ao traballo exemplar do Artai". De feito, en categoría alevín, o club vén de conquistar a Copa Primavera fronte ao Montrove de Oleiros no Pavillón Agra II da Coruña, ao gañar por 57 a 29.

Compartir: