Inicio Carballo ao día Hemeroteca "Manute" gaña por segunda vez...

ANDRÉS EIRÍS E MARÍA LOIS GÓMEZ: PRIMEIROS CARBALLESES NA META

"Manute" gaña por segunda vez unha IV Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo que manifesta o auxe do atletismo

Martes 17 de xuño do 2014

Os primeiros en tomar a saída, ás 10.00 horas, foron os alevíns, nenos e nenas de dez e once anos de idade que tiveron que completar un percorrido de 1.600 metros. O carballés Juan Pereira Rodríguez, que chegaba en segunda posición, empezou este ano no Atletismo Carballo, de maneira que a medalla de prata acadada supón para el un importante estímulo. Este verán cumprirá 11 anos, e está desexando ser un pouco máis maior para poder empezar a practicar o lanzamento de xabalina. Para Ana García Vázquez, que foi a primeira en pasar pola meta na categoría infantil feminina (2.000 metros), cada participación na Carreira Popular de Carballo supón una vitoria. A de hoxe foi a cuarta. "É o meu deporte favorito", asegura esta carballesa de 13 anos que o ano pasado xa gañou o circuíto da Deputación e á que lle gustaría chegar moi lonxe no mundo do atletismo. Tamén lle entusiasma o deporte a Soraya Hernández Villar, de 14 anos e representante do Club Fogar, aínda que o seu, manifestou, non é correr, senón nadar. A pesar diso, foi a primeira en percorrer os 3.000 metros establecidos para os cadetes.

Despois da entrega de premios aos tres primeiros de cada categoría, na que participaron o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o Concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, e o Deputado provincial e Alcalde de Coristanco, Antonio Pensado Plágaro, saíu o groso dos corredores, e só uns minutos máis tarde fixérono os máis pequenos, os benxamíns, que tiveron un percorrido adaptado ás súas idades. A distancia incrementouse ata os 5.000 metros para os xuvenís, mentres que na gran e multitudinaria carreira que arrincou ao mediodía os deportistas das categorías junior, promesa, sénior e veteranos tiveron que completar os 10 quilómetros que dan nome á carreira carballesa. Durante a proba fíxose evidente que os anos non están rifados co deporte. A proba foi Antonio Cabana Orosa, que aos seus 74 anos foi agasallado como corredor máis veterano. Un premio máis que engadir aos que leva acumulados ao longo de toda unha vida, porque, segundo contou, foi seis veces campión de España, gañou un campionato de Europa e 26 galegos.

María Lois Gómez e Andrés Eirís Barca foron os primeiros carballeses en cruzar a liña de meta nunha carreira cunha representación local moi ampla. Despois de hidratarse e repoñer forzas, de cambiar as camisetas suadas polas que entregou a organización e, nalgún caso, de pasar polo posto de fisioterapia, todos se prepararon para o acto final de entrega de trofeos e medallas, que prolongou a gran festa carballesa do atletismo ata pasadas as dúas da tarde. A continuación, achégase a relación dos primeiros clasificados en cada categoría.

  • ALEVÍN
    • Masculina
      • 1. Mario García
      • 2. Juan Pereira Rodríguez
      • 3. Daniel Estramil
    • Feminina
      • 1. Nerea Varela Porteiro
      • 2. Sofía Varela Porteiro
      • 3. Lucía Carro Rodríguez
  • INFANTIL
    • Masculina
      • 1. Javier Rodríguez Castro
      • 2. Diego Martínez Rivas
      • 3. Eduardo Castro Fernández
  • Femenina
    • 1. Ana García Vázquez
    • 2. Elena Carreira
    • 3. Lucía Canosa Fariña
  • CADETE
    • Masculina
      • 1. Jorge Sierra Hermida
      • 2. Juanca Rodríguez Ortiz
      • 3. Pablo Carballo Pacoret
    • Feminina
      • 1. Soraya Hernández Villar
      • 2. Iria García García
      • 3. Karly Rei Maseda
  • BENXAMÍN
    • Masculina
      • 1. Jacobo Díaz Rey
      • 2. Diego Grille Landeira
      • 3. Rodrigo Díaz Enríquez
    • Feminina
      • 1. Susana Amor Castro
      • 2. Cruz Pérez García
      • 3. Nana Sofía Suárez Kitahori
  • JÚNIOR
    • Masculina
      • 1. Abraham Trillo Fernández
      • 2. Jorge Espasandín González
      • 3. José Luis Castro
  • XUVENIL
    • Masculina
      • 1. Alejandro Pardo Bello
      • 2. Pablo Barreira Varela
      • 3. Juan Luis Gómez Iglesias
    • Feminina
      • 1. Vanesa Suárez Sande
  • PROMESA
    • Masculina
      • 1. Jorge Dios Ríos
      • 2. Borja Luaces
      • 3. Erik Vázquez Veiga
    • Feminina
      • 1. Balbina Tarrío
      • 2. María Serranito
  • SÉNIOR
    • Masculina
      • 1. Alberto Álvarez Bendaña
      • 2. Cristian Muiño Varela
      • 3. Alberto Carou Carril
    • Feminina
      • 1. Marineda Mallo Caamaño
      • 2. Eusebia Maldonado
      • 3. Raquel Lizán Castro
  • VETERANO 1
    • Masculino
      • 1. Ángel Maceiras Lago
      • 2. Manuel Ángel Pereira Ramón
      • 3. Manuel Prieto de la Iglesia
    • Feminino
      • 1. Noemí Noval Navazo
      • 2. Eva María Portas Lemos
      • 3. Estela María Portas Lemos
  • VETERANO 2
    • Masculino
      • 1. Manuel Oliver Pérez López, "Manute"(Gañador absoluto)
      • 2. Felipe Míguens Casamanes
      • 3. José Manuel Teijeiro Vila
    • Feminino
      • 1. Sonia Teijeiro Ferro (Gañadora absoluta)
      • 2. Teresa Castro Villaverde
      • 3. Pilar Domínguez Pereira
  • VETERANO 3
    • Masculino
      • 1. José Suárez Lens
      • 2. Emilio Martínez Anta
      • 3. Juan Luis Gómez del Río
    • Feminino
      • 1. Elisa Paz Souto
      • 2. Carmen García García
      • 3. Araceli Veiga Bermejo
  • VETERANO 4
    • Masculino
      • 1. Fernando Roberto Acuña Rúa
      • 2. Domingo Álvarez Iglesias
      • 3. Jesús Raña Platas
    • Feminino
      • 1. María Luisa Armesto Miguel
      • 2. Isabel Brea
  • PRIMEIROS CARBALLESES EN CRUZAR A LIÑA DE META: Andrés Eirís Barca e María Lois Gómez
  • PARTICIPANTE MÁIS VETERANO: Antonio Cabana Orosa

Compartir: