Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello solicita ante a Xunta que se axilicen...

ENTREVISTA CO SUBDIRECTOR XERAL DE ENSINANZAS ESPECIAIS

O Concello solicita ante a Xunta que se axilicen os trámites para regularizar o Conservatorio e solicita axuda para a xestión da EOI

Xoves 5 de xuño do 2014

Así mesmo, durante a entrevista, de aproximadamente 45 minutos de duración, abordouse a problemática de xestión que implica o elevado número de alumnos e alumnas da Escola Oficial de Idiomas, que este curso roldou os 800 estudantes, así como o amplo horario do servizo, de 9.00 a 22.00 horas cada día. Nestes momentos hai unha única Xefatura de estudos que asume todo o traballo administrativo e que, segundo explica Mar Eirís, está "desbordada". Durante a entrevista expúxose ante os responsables da Xunta esta situación e solicitouse a posibilidade de que no futuro a persoa responsable da Xefatura poida contar con horario reducido para atender os labores de xestión, ou ben que se lle permita conseguir a colaboración doutros docentes no desempeño destas funcións. Así, a Escola Oficial de Idiomas de Carballo conta con numerosos servizos, incluído o C1, un curso avanzado posterior á finalización dos estudos. Trátase da única vila de Galicia, a excepción das grandes cidades, que ofrece este servizo aos veciños e veciñas. A Concelleira de Educación subliña o excelente traballo que se está realizando na sección da EOI en Carballo, tanto por parte do profesorado como por parte da Xefatura de Estudos.

Compartir: