Inicio Carballo ao día Hemeroteca Escola Lubiáns organiza o seu II Festival...

DOMINGO 15 DE XUÑO NO PAVILLÓN CARBALLO CALERO

Escola Lubiáns organiza o seu II Festival de Patinaxe Artística que contará coa presenza de máis de 200 rapaces e rapazas

Mércores 11 de xuño do 2014

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que estivo na presentación da cita xunto co Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e outros membros da directiva do club, quixo salientar que "hai moi poucos concellos de 30.000 habitantes que teñan a oferta deportiva que ten Carballo", non só "pola diversidade", senón tamén "pola súa calidade". Para o rexedor, até o de agora había dúas eivas no abano da oferta deportiva carballesa, que eran o atletismo e as categorías de femias. Mais nos últimos tempos téñense creado dous clubs de atletismo, ademais de que as nenas se incorporan cada vez máis aos equipos das distintas entidades, ou son protagonistas noutros, como no caso da patinaxe artística de Lubiáns, en que hai maioría feminina. Ferrero pechou a rolda de prensa celebrando "que unha entidade como Lubiáns siga medrando e mellorando a súa actividade deportiva".

Compartir: