Inicio Carballo ao día Hemeroteca O distintivo da Bandeira Azul ondea dende o...

A ASOCIACIÓN ADEAC DISTINGUE A CALIDADE DOS AREAIS

O distintivo da Bandeira Azul ondea dende o xoves 12 de xuño nas praias carballesas de Pedra do Sal e Baldaio-As Saíñas

Xoves 12 de xuño do 2014

O Concello de Carballo quere subliñar que, aínda que a praia de Razo non obtivo a Bandeira Azul este ano, as súas augas son perfectamente aptas para o baño, estando a súa cualificación entre boa e excelente segundo a normativa europea e estatal de calidade das augas. Así mesmo, Razo destaca pola excelencia dos seus servizos (como a accesibilidade, a limpeza, a seguridade, etc.) e os veciños e veciñas poderán desfrutar do baño e do areal un verán máis. Hai que subliñar, ademais, que as praias de Carballo contarán durante o estío con 32 socorristas que velarán pola seguridade dos bañistas. O servizo principiou o mércores 11 de xuño con 20 traballadores, aos que se sumarán outros 12, ata un total de 32, entre o 1 de xullo e o 31 de agosto. A actividade prolóngase até o 10 de setembro (que coincide co comezo do curso lectivo), mes no que haberá de novo 20 socorristas. As praias de Razo, As Saíñas ou Pedra do Sal constitúen un dos principais atractivos turísticos de Carballo. Milleiros de persoas achéganse a elas durante o bo tempo para gozar da paisaxe e o mar.

Compartir: