Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Horto Infantil abre o prazo para anotarse nos...

PARA CATIVOS E CATIVAS DE 30 MESES, DE INFANTIL E PRIMARIA

O Horto Infantil abre o prazo para anotarse nos obradoiros de verán que terán lugar entre o 30 de xuño e o 14 de agosto

Venres 13 de xuño do 2014

Así mesmo, dende o Horto Infantil Ecolóxico Municipal queren informar de que, a través da Dirección Xeral de Voluntariado da Xunta de Galicia, estase tramitando a colaboración de catro persoas voluntarias para realizar tarefas de apoio en atención a nenos e nenas con necesidades especiais e de Educación Infantil que asistirán aos obradoiros de verán entre o 30 de xuño e o 14 de agosto en horario de mañán. Deberán ser maiores de idade e preferentemente con algunha experiencia ou estudos relacionados coa Educación Infantil e coa Atención de necesidades específicas. As persoas interesadas poden chamar ao teléfono 981 704 700 ou enviar os seus datos ao enderezo electrónico <hortoinfantil@carballo.org>.

Compartir: