Inicio Carballo ao día Hemeroteca A exposición colectiva das festas de San...

ATÉ O 31 DE XULLO NA SALA ALBERTO GENDE

A exposición colectiva das festas de San Xoán converte o Pazo da Cultura nun "xardín das delicias de arte e natureza"

Venres 20 de xuño do 2014

Os creadores que participan na exposicion colectiva "Arte e Natureza" son: Adriana Díaz, Ana García, Antón Díaz, Antonio Reino, Antonio Taracido, Cristina Castro, Chiña (Mª José Costa Valiño), Cristina Castro Santiago, Dami Varela, Diana Molina, Emi Rodríguez de las Heras, Eva Facal, Feituras de Lita, Fernando Mourón, Isa Fernández, Juan A. Villar Casares, Lola Oviedo, Manuel Eirín, Miguel Couto, Milagros Cotelo Rama, Mon Lendoiro, Mónica Noya, O'Mighelo (Miguel Anxo Calvo Pose), Oti Fernández, Pedro Tasende, Peter Kramer, Raúl G. Herrera, Ricardo Outes, Santiago Castro, Santi Picos, Tomas Luna e Viki Rivadulla. O acto de inauguración estivo amenizado por CreaSons, actuación a cargo de Isa Fernández e O'Mighelo e que rematou cunha emotiva e intensa interpretación dunha canción por parte da propia Isa Fernández e Mon Lendoiro (na imaxe), que espertou unha longa ovación do público que quería máis. O Alcalde quixo expresar o seu "recoñecemento polo traballo que se está a facer" e cualificou a exposición como "o perfecto pistoletazo de saída para o San Xoán", agradecendo o "esforzo colectivo para que a arte chegue a todos os recunchos do territorio". Rematou cun "benvidos ao San Xoán", nunha mostra na que tamén estiveron presentes a auga, as espadanas e os fiunchos como preludio da festa que xa comeza.

Compartir: