Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo arrinca cun emotivo pregón un San...

CANTANDO A GALICIA E EFECTO PASILLO: 24 E 25 DE XUÑO

Carballo arrinca cun emotivo pregón un San Xoán no que, coma cada ano, as cachelas o Anllóns e os concertos son os reis da festa

Luns 23 de xuño do 2014

Acabarán por animar a noite do día 25 os sons da Orquestra Trébol, nunha xornada na que o Descenso do Anllóns, na xúa XVII edición, encherá o río de imaxinación e simpatía coas arredor de 20 embarcacións que están inscritas para participar. Unha das novidades do San Xoán 2014 é a recuperación das sesións vermú, aínda que cun estilo diferente ao habitual. Diferentes espazos e distintos estilos musicais, pero todos con acento carballés, enchen de música a Rúa Valle Inclán. A primeira das citas é o mércores 25 ás 14.00 horas a cargo de The Gentlemen, unha banda carballesa moi nova que versiona clásicos dos anos 60 e 70, aínda que tamén inclúen temas propios do seu repertorio xunto a novas interpretacións de cancións de Deep Purple ou The Knack. Tampouco hai que esquecer a presenza de pasarrúas, charangas ou das barracas no Parque do San Martiño e os postos nas rúas do centro, todo para conformar un San Xoán cheo de actividades que arrincou co sentido pregón de Alfonso Mariño Cotelo, Xefe do servizo de Oncoloxía Radioterápica do Centro Oncolóxico de Galicia. O segundo andar do Mercado Municipal, a onde se trasladou a cita por mor da choiva, quedouse pequeno para escoitar unhas verbas nas que, ademais de emocionarse o protagonista, conseguiu emocionar a todos os presentes. Os interesados e interesadas poden descargar o programa completo das festas nun pdf nesta mesma nova.

Compartir: