Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 300 nenos e nenas de entre dez e...

SÁBADO 28 E DOMINGO 29 DE XUÑO NA PISCINA CARBALLO CALERO

Máis de 300 nenos e nenas de entre dez e catorce anos compiten no Campionato Galego de Natación Alevín

Xoves 26 de xuño do 2014

Dende a AD Fogar, Álvarez quixo agradecer a confianza depositada pola Fegan no club para acoller unha cita desta complexidade organizativa, xa que, ademais de coordinar aos 303 participantes, trátase de campionatos "que arrastran a moitísimo público" polas idades dos rapaces e rapazas das categorías en competición. E tamén mencionou a todos os patrocinadores e especialmente ao Concello de Carballo, "que fixeron posible este campionato". Á súa vez, Carlos Bremón, manifestou que a Federación ten "plena confianza" no Fogar para sacar adiante unha cita deste tipo, así como no Concello carballés "polo magnífico apoio que vén prestando ao deporte dende hai xa moitos anos". O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, en representación do Concello, quixo resaltar a idea de que "o deporte é un elemento máis da economía" e que, "mentres que houbo quen pensou que se podían axustar contas co deporte e a cultura, nós pensamos xustamente o contrario". Por iso, expresou a súa satisfacción por que "esta fin de semana, ademais de poñérselle o broche ás festas, 300 nenos e nenas e as súas familias estarán en Carballo", consumindo e contribuíndo "a dinamizar a economía local".

Os interesados e interesadas poden descarga a normativa completa da cita nesta mesma nova en pdf. Tamén é posible obter máis información no web da Fegan.

Compartir: