Inicio Carballo ao día Hemeroteca O San Xoán entra na súa recta final...

CITAS ENTRE O VENRES 27 E O DOMINGO 29 DE XUÑO

O San Xoán entra na súa recta final co festival Rockin´ e a Festa do Bosque despois duns días cheos de actividades

Xoves 26 de xuño do 2014

E como non podía ser doutra maneira, aínda queda un día grande coa celebración dunha das citas xa ineludibles no San Xoán, como é a Festa do Bosque, que pecha o programa o domingo 29 de xuño no Bosque do Añón, e que cumpre once anos dende que se recuperou para os festexos. Inclúe actividades para todas as idades, con citas xa tradicionais como o Concurso de Sobremesas e licores caseiros (patrocinado por Pastelaría San Luís) ou a 114 edición do Campionato Mundial de baixada de augas doces de barcos de papel, este ano patrocinado por Tien 21-Electrodoméstivos Lorama e coa animación musical do DJ David. Cada neno que participe recibirá un agasallo e as inscricións poden realizarse a partir das 17.30 horas. A sesión vermú corre a cargo do Trío Clave de Sol, mentres que despois de comer a sobremesa está animada con Xogos populares. Xa cara á noitiña, ás 21.00 horas péchase a festa co concerto de Os Tres Trebóns. A organización quere advertir á xente que reserve espazo no Bosque do Añón dende o día antes de que ás 11.00 horas serán retiradas todas as cintas. Así mesmo, este ano non estará permitida a entrada de vehículos ao recinto a partir das 12.00 horas.

Pero xusto antes da Festa do Bosque, non hai que esquecer os Fogos de Artificio, un ano máis a cargo de Pirotecnia Rocha. A Agra da Lagoa vístese de lume, luz e cor o sábado 28 a partir das 0.00 horas nun San Xoán que bota os seus últimos alentos. Os interesados e interesadas poden descargar o programa completo das festas nesta mesma nova.

Compartir: