Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde para un convenio que recolle a...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Luz verde para un convenio que recolle a integración da Biblioteca Pública Municipal Rego da Balsa da Rede de Bibliotecas de Galicia

Luns 30 de xuño do 2014

No apartado de convenios, a Xunta de Goberno tamén supuxo a dación de conta dun acordo de colaboración entre o Concello e a Consellería de Medio Rural e do Mar para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa. A iniciativa esta cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013. Segundo o acordo a Consellería concederá un máximo de 20.388 euros para as Brigadas de seis compoñentes. Tamén hai que mencionar que quedou sobre da mesa un Convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e a Entidade Federación a Residencias e Servizos de Atención aos Maiores Sector Solidario para a realización de prácticas non laborais. Por último, hai que mencionar que a sesión supuxo a concesión de tres licenzas de obra, dous delas para vivendas unifamiliares.

Compartir: