Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os nenos e nenas do Club Baloncesto Artai...

ADESTRADORES E XOGADORES ASINARON NO LIBRO DE HONRA

Os nenos e nenas do Club Baloncesto Artai festexan na Casa do Concello co Alcalde as súas vitorias na Copa Primavera

Martes 1 de xullo do 2014

Hai que lembrar que no caso dos campións en categoría Preminibasket mixta e das subcampioas en categoría Infantil Feminina, os seus éxitos tiveron lugar no Pavillón Carballo Calero da capital municipal, que acolleu a celebración da Copa Primavera. Os premininasket venceron ao Coreti Etiquetas na final por 54 a 48; mentres que as nenas de Infantil cederon na final ante a AD Calasancias por 54 a 49. No caso dos Minibasket, o equipo conquistou a Copa Primavera fronte ao Montrove de Oleiros no Pavillón Agra II da Coruña, ao gañar por 57 a 29.

Compartir: