Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de medio centenar de cativos e...

ESTÁN POÑENDO EN MARCHA UNHA INICIATIVA PIONEIRA EN GALICIA

Máis de medio centenar de cativos e cativas participan nos catro obradoiros de verán do Horto Infantil Ecolóxico

Martes 1 de xullo do 2014

José Márquez, un dos monitores do obradoiro, explica que sacaron a idea da Rede, e pensaron que este sistema sería moi axeitado para traballar cos cativos e cativas e sementar alimentos dunha forma totalmente natural. Así poderán ver o proceso de cultivo dunha forma moi diferente. Xosé Regueira quixo subliñar que se trata dunha "auténtica novidade" en Galicia, e dunha maneira de observar como un elemento bastante cotián, como son as alpacas, pode transformarse nunha fonte de alimento. Pero non é o único obradoiro que está dispoñible no Horto Infantil, xa que, tamén para rapaces e rapazas de Primaria estase desenvolvendo un de "Introdución á Horta sinérxica", no que se afonda nas posibilidades da combinación de cultivos simbióticos que se complementan e contribúen ao seu mellor desenvolvemento, como no caso tradicional do millo e as fabas. Para os cativos e cativas de Infantil repiten o obradoiro de "Xardín Ornamental" e o de "A nosa horta", con actividades lúdicas para conseguir que os nenos e nenas aprendan sobre plantas, realicen unha organización autónoma do traballo, aprendan sobre alimentación saudable e consumo responsable e desenvolvan xogos de psicomotricidade.

Os obradoiros, todos impartidos polo Concello de Carballo de forma gratuíta, complementan as súas temáticas para facilitar a aprendizaxe dos participantes. Ademais, ao longo do verán está previsto que os nenos e nenas das Escolas de Verán de Balonmán Xiria, divididos en catro grupos, asistan dúas veces á semana ao Horto Infantil para acondicionar o seu propio espazo e contar cos seus propios cultivos. Respecto dos horarios dos catro obradoiros do Concello, son os seguintes, aínda que hai que subliñar que aínda quedan dúas prazas libres para os obradoiros de Infantil:

  • "A nosa horta": Educación Infantil. Horario: luns e xoves en dúas quendas, unha de 10.30 a 12.00 horas e outra de 12.00 a 13.30 horas.
  • "O cole de herba: regando o futuro": Primaria. Horario: martes e venres en dúas quendas, unha de 10.30 a 12.00 horas e outra de 12.00 a 13.30 horas.
  • "Xardín Ornamental": Educación Infantil. Horario: os mércores en dúas quendas, unha de 10.30 a 12.00 horas e outra de 12.00 a 13.30 horas.
  • "Introdución á Horta sinérxica": Primaria. Horario: os mércores en dúas quendas, unha de 10.30 a 12.00 horas e outra de 12.00 a 13.30 horas.

Compartir: