Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pleno aproba a adxudicación do contrato...

UNANIMIDADE NA MOCIÓN A PROL DO PERSOAL DE CELSA ATLANTIC

O pleno aproba a adxudicación do contrato da Fase II da "Mellora do sistema xeral de abastecemento a Carballo (Anllóns-Bardoso)"

Martes 1 de xullo do 2014

A corporación aprobou, tamén por unanimidade, unha moción presentada polo comité de empresa de Celsa Atlantic SL no que se solicita o apoio da corporación, en nome de todos os veciños e veciñas do Concello, aos traballadores da entidade ante as medidas de despedimentos que se teñen adoptado. Os traballadores solicitan que se apoien todas as iniciativas a prol dun emprego digno en Celsa Atlantic SL por "ser unha fábrica con potencial e capacidade produtiva" e que se esixa á empresa "a retirada dos 56 despedimentos e das medidas de peche lento da fábrica". Por último, no escrito ínstase á Xunta de Galicia a unha "actuación firme e contundente na defensa do emprego e das reivindicacións que fai a plantilla de Celsa Atlantic SL", tamén a favor da defensa "do futuro industrial da comarca". Por último, nunha sesión de curta duración, recibiu luz verde a Constitución dunha Agrupación de concellos e dun Convenio de colaboración cos concellos de Coristanco e Malpica en orde á prestación conxunta do servizo do Centro de Información á Muller (CIM). Así, coa agrupación de tres concellos, posibilítase solicitar ata un máximo de 100.000 euros para o CIM, ademais de que se regulariza a situación de facto que se vive porque o servizo chega a máis cun concello da comarca. O acordo especifica que a xestión do CIM será realizada polo Concello de Carballo.

Compartir: