Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello explica ante a Subdirección...

SOLICITOUSE DE NOVO O INFORME DE AUGAS DE GALICIA

O Concello explica ante a Subdirección Xeral de Urbanismo o proceso de elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal

Martes 1 de xullo do 2014

Así mesmo, os representantes municipais solicitaron que se axilice a elaboración do informe de Augas de Galicia necesario para a aprobación provisional do planeamento e que pode tamén incidir nalgúns aspectos da memoria medio ambiental que está elaborando nestes momentos a Xunta de Galicia, e que, de contarse con todos os elementos necesarios, podería estar lista despois do verán. Así, Lantes subliña que o informe de Augas se solicitou o 18 de febreiro de 2013 por escrito, reiterándose a solicitude o 13 de novembro do mesmo ano. Xa en 2014 pediuse tamén de forma reiterada vía telefónica e por última vez por escrito o pasado mes de xuño que acaba de rematar. O Subdirector Xeral de Urbanismo manifestou a súa vontade de interesarse pola situación do informe e de contactar cos responsables de Augas de Galicia para coñecer a situación. Xa que nestes momentos o Concello ten realizado todos os trámites que son responsabilidade da administración local, espera que a administración autonómica axilice o antes posible a tramitación da documentación necesaria que lles corresponde para poder levar ante o pleno o documento para a aprobación provisional do PXOM o antes posible.

Compartir: