Inicio Carballo ao día Hemeroteca Preto de 80 pilotos compiten no VI Autocross...

SÁBADO 5 E DOMINGO 6 DE XULLO NO CIRCUÍTO DE BÉRTOA

Preto de 80 pilotos compiten no VI Autocross Carballo, proba do Campionato de España coa presenza de "Cohete Suárez"

Mércores 2 de xullo do 2014

Con eles, Ernesto Rumbo e Juan Fernández, da Federación Galega de Automobilismo; representantes da Escudaría Máis Motor, que colabora na cita, organizada por Escudería A Coruña; e o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero acompañado do Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo. A organización quixo destacar especialmente a novidade que supón para a cita a presenza da modalidade Júnior Car Cross, con pilotos que non superan os 16 anos de idade e na que participan sete corredores. Respecto dos horarios da proba, o venres 4 de xullo pola tarde serán as verificacións administrativas opcionais na explanada do Pazo da Cultura. Continúan o sábado 5 de xullo pola mañá, tamén no Pazo, mentres que pola tarde, a partir das 15.00 horas, xa comezan os adestramentos oficiais e a primeira manga clasificatoria no Circuíto de Motor de Bértoa. O domingo 6 de xullo son os auténticos pratos fortes, coa segunda manga clasificatoria e as finais a partir das 11.00 horas, coa entrega de trofeos prevista para as 12.30 horas. O espectáculo está asegurado nunha proba, que, como en 2013, congrega aos mellores pilotos e España e de toda a contorna.

Compartir: