Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo pon en marcha un proxecto de compostaxe...

AS SOLICITUDES PODEN PRESENTARSE NO CONCELLO ATÉ O 31 DE AGOSTO

Carballo pon en marcha un proxecto de compostaxe caseira co obxectivo de reducir a produción de lixo e mellorar a súa xestión

Xoves 10 de xullo do 2014

A compostaxe caseira consiste no uso de composteiros para poder reciclar os restos orgánicos que producimos nas nosas vivendas sen ter que tiralos ao lixo. Este método converte os restos de comida en compost que despois se pode aproveitar como fertilizante. Este é un proceso que está máis que probado e que non ten porque producir molestias nin malos olores si se realiza do xeito adecuado, e por iso Carballo Limpo realizará unha entrega tutelada de cada un dos composteiros, poñendo persoal técnico que visitará as vivendas entre dúas e tres veces por semana durante o primeiro mes e que continuará facendo un seguimento semanal durante os meses seguintes. Desde o Concello considéranse moi importantes este tipo de iniciativas, por iso se engadiron ao proxecto que está executando a empresa UTE Carballo, responsable do servizo de recollida de lixo, e formada por Urbaser e Servigal. A redución das toneladas de lixo que se levan a Sogama é un obxectivo de todo o equipo de Carballo Limpo, por eso se espera que este proxecto teña éxito e poder amplialo no futuro a un número maior de vivendas. Ademais de no Concello, as solicitudes tamén poderán descargarse previamente do web <www.carballolimpo.com>, no seu apartado de "Carballo Limpo Informa". Desde Carballo Limpo, agradécese de antemán a colaboración da cidadanía chamando ao 981 75 49 17 para o Punto Limpo Móbil, a través da páxina web <www.carballolimpo.com> ou no Twitter @CarballoLimpo.

Compartir: