Inicio Carballo ao día Hemeroteca Traballando en lingua pecha reflexionando sobre a...

O CURSO DA UDC CUMPRIU DEZ ANOS ACTUANDO A PROL DO IDIOMA

Traballando en lingua pecha reflexionando sobre a situación actual da normalización e sobre as perspectivas de futuro

Venres 11 de xullo do 2014

Outras das reflexións achegadas por Cambedo falan de que os normalizadores "estamos constantemente centrándonos na diagnose do problema, mentres que as accións quedan aí, sen deseñarse con certa calma". Fixo fincapé nalgunhas das eivas existentes, como que "non lle vén ben á lingua estar asociada a políticas únicas", xa que cómpre "converter ao galego en lingua cotiá sen connotacións políticas ou profesionais". A profesora non deixou de lado ámbitos que cualifica como "importantísimos" para a normalización, como son o do ensino ou o familiar, danados nos últimos anos. Pero tamén deixa espazo para a loita porque "a perda de falantes non pode ser admitida con resignación e como parte dun proceso natural". Coas achegas de Cambedo, pois, rematou un Curso que cumpre dez anos dende a súa creación e que cada edición segue congregando a numerosos e numerosas persoas comprometidas coa análise, o debate, a reflexión e as propostas de cara a normalización da lingua galega.

Compartir: