Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobadas obras de mellora de vías por...

ADXUDICADO O PLAN DE ECOTURISMO DE RAZO-BALDAIO

Aprobadas obras de mellora de vías por 660.000 euros en Noicela, Lema, Oza, Bértoa, Sísamo, Goiáns, Sofán, Berdillo e Carballo

Luns 14 de xullo do 2014

Xa no apartado de adxudicacións, aprobouse a do Contrato administrativo de servizos "Plan de dinamización de Ecoturismo en Razo-Baldaio", que recaeu na empresa Valora Consultores de Gestión SL cun prezo de adxudicación de 45.353 euros. Este Plan de Dinamización é unha inciativa que pretende poñer en valor e promocionar turísticamente o espazo natural de Razo-Baldaio tamén coa colaboración dos hostaleiros e empresarios da zona. Así, a proposta contará cunha Ruta 2.0 entre o peirao de Razo e a marisma de Baldaio formada por 15 Códigos QR con información de interese sobre o litoral do municipio, así como con audioguías en castelán, inglés e galego e vídeos en alta definición nos que se explicarán as características do territorio e se ofrecerán consellos de protección medioambiental da contorna, especialmente da flora e fauna autóctonas. Valora Consultores ten ofrecido melloras como a inclusión de máis idiomas nas guías escritas e de audio, como son o francés, o alemán e o portugués. Así mesmo, comprométese á creación doutros contidos dixitais para a promoción da Ruta 2.0, como son o incremento no número de vídeos de 10 a 13, a creación dun xogo de preguntas e respostas ou a creación automática dun mapa de área. Ademais da ruta, tamén está previsto que participen no Plan as empresas de hospedaxe e hostalería de Razo e Baldaio, que serán asesoradas para implantar un manual de boas prácticas de calidade e sostibilidade.

Fóra da orde do día, a sesión supuxo a adxudicación do Contrato administrativo de "Servizos de alicación web para a xestión do servizo de Axuda no Fogar do Concello de Carballo", que recaeu na empresa Consultaría e Informática para a a Xestión Social por un importe de 16.000 euros. No apartado de convenios, deuse conta de dous, un coa Consellería do Medio Rural e do Mar para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación dun vehículo motobomba; e outro coa mesma Consellería para a participación na prevención de incendios forestais mediante a realización de tratamentos preventivos en vías, camiños e outras superficies forestais de titularidade municipal, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013. A Xunta de Goberno tamén sacou adiante un acordo de colaboración entre a Deputación provincial da Coruña e o Concello de Carballo para as actuacións da Rede Cultural 2014, así como outro coa Agadic (Axencia Galega das Industrias Cultuais) para a programación do segundo semestre de 2014. Así mesmo, saíu adiante un Convenio de colaboración coa Academia de cine e artes das ciencias cinematográficas de España para a proxección do filme "Os lobos de Arga" no Xardín Municipal o xoves 17 de xullo de 2014. Aprobouse tamén un Convenio coa Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas.

A Xunta de Goberno saldouse tamén coa a autorización de dous vaos permanentes; coa transmisión dunha licenza de taxi; e coa aprobación de dúas licenzas de obra, unha de primeira ocupación, unha de primeira ocupación e apertura e unha licenza de parcelación.

Compartir: