Inicio Carballo ao día Hemeroteca Manuel Manquiña e Rodrigo Romaní...

XOVES 17 E VENES 18 DE XULLO NA PRAZA DO CONCELLO

Manuel Manquiña e Rodrigo Romaní animan o Verán Cultural carballés con cine e a música das "Arpas de Breogán"

Martes 15 de xullo do 2014

Despois do cine, chega o venres 18 o momento da música, con Rodrigo Romaní (na imaxe). Tras o inevitable aprazamento o ano anterior do concerto previsto, Rodrigo Romaní presenta "Arpas de Breogán", o seu último traballo dedicado ao son da arpa céltica. Composición propia e adaptacións de temas populares e de música culta, compoñen un variado repertorio que engaiola pola súa sonoridade e orixinalidade. Un concerto para gozar en calma. Dúas arpas, voces, contrabaixo e percusión, son o inicio deste cuarteto que presenta outros instrumentos como ocarinas, guimbardas ou elementos de ambientación electrónica, que fan que o público descubra un xeito diferente de aproximarse á faciana musical dunha cultura ibérica de fonda personalidade milenaria. Rodrigo Romaní é un recoñecido artista. A súa traxectoria aválao como un dos músicos máis importantes de Galicia. Fundador de Milladoiro, percorreu o mundo durante máis de vinte anos promovendo o uso da arpa e tamén interpretando de guitarra, bouzouki ou ocarina, ademais de vocalista. Colabora con artistas de primeira fila internacional e é produtor, premiado compositor e mestre fundador da ETRAD (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional) de Vigo. Romaní é director da primeira orquestra folk de España, Sondeseu e como solista publicou "Albeida", "Canto Caucanos" e "Arpas de Breogán". A cita é de balde a partir das 22.30 horas na Praza do Concello e conta coa colaboración da Deputación da Coruña".

Compartir: