Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello espera recibir a próxima semana...

O DOCUMENTO POSIBILITARÁ A MODIFICACIÓN DA ORDENANZA

O Concello espera recibir a próxima semana o informe da Xunta que permitirá que o Conservatorio continúe coa súa actividade

Mércores 16 de xullo do 2014

Desta regularización depende, así mesmo, a aprobación definitiva da Ordenanza fiscal nº 18 reguladora das taxas do Conservatorio Profesional de Música de Carballo para o curso 2014-2015, aprobada provisionalmente na sesión plenaria do 26 de maio deste ano e na que se recollen os novos prezos das taxas para o próximo curso, cunha suba dun cinco por cento para reducir o déficit do servizo (cifrado en 198.165,26 euros, asumidos na súa totalidade polas arcas municipais). Segundo explica Ferrero, nestes momentos a normativa foi enviada para a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) co obxecto de que o texto supere o período de exposición pública. De recibirse o informe antes de que remate este período, o Concello podería proceder xa a preparar a aprobación definitiva da ordenanza.

Compartir: