Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT)...

RON LALÁ VOLVEN COMO GAÑADORES DO PREMIO DO PÚBLICO 2013

O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) dedica a súa XXIII edición á revisión dos grandes clásicos

Venres 18 de xullo do 2014

Tampouco se esquecerá esta edición do espírito internacional co que naceu o Outono de Teatro. O cartel do XXIII FIOT xa está moi avanzado, faltando só as últimas negociacións para pechar a oferta deste 2014. Dúas das compañías que xa están confirmadas pola organización son a emerxente Voadora e a xa consolidada Ron Lalá, ganadora do Premio do Público 2013. A primeira traerá ao Pazo da Cultura "A tempestade", de Shakespeare, un montaxe de gran formato chamado a ser o referente na escena galega desta tempada. Recentemente, estreada no festival portugués Gil Vicente, a obra presentarse tamén noutras citas en Galicia e España. Nos pasados Premios María Casares, Voadora e a súa produción Tokyo 3 foron os grandes triunfadores da gala con cinco galardóns (maquillaxe, vestiario -compartido-, iluminación, música orixinal, escenografía e dirección para Marta Pazos). Foron tamén finalistas do Premio Max 2013 Mejor Espectáculo Revelación.

O humor intelixente e a linguaxe escénica de marca propia dos madrileños Ron Lalá volverán este ano, por cuarta vez, ao FIOT co seu espectáculo máis recente coproducido coa Compañía Nacional de Teatro Clásico "En un lugar del Quijote" (na imaxe). En 2013 representaron a aplaudida "Siglo de oro, siglo de ahora (Folía)"; en 2011, "Time al tiempo"; e en 2009, "Mundo y final". Ron Lalá, ganadora do Max 2012 como mellor produtora privada, foi finalista ao mellor espectáculo de Teatro Musical 2013 con "En un lugar del Quijote", unha versión libre con mirada contemporánea á obra de Cervantes dirixida agora por Yayo Cáceres. A súa exitosa xira inclúe os máis importantes festivais de teatro clásico de España (e incluso de fóra, estreando con éxito en Londres), e agora con parada en Carballo.

Máis de 9.000 persoas pasaron pola XXII ediciónO éxito do Outono de Teatro é crecente edición tras edición. Un total de 9.192 persoas participaron no medio centenar actividades programadas en 2013. En concreto, 3.389 na Programación de Sala e no Ciclo Ovni, e 1.332 na Rúa dos Contos. En todas as funcións a asistencia foi masiva, enchéndose o auditorio do Pazo da Cultura en moitas delas, e esgotándose os bonos e as entradas para varias das montaxes nas primeiras horas da súa posta á venda grazas tamén o sistema de televenda iniciado hai dous anos.

Compartir: