Inicio Carballo ao día Hemeroteca O web de Carballo estrea o apelido galego de...

A PARTIR DE AGORA A PÁXINA ESTÁ DISPOÑIBLE CO DOMINIO ".GAL"

O web de Carballo estrea o apelido galego de Internet xunto con outras 93 entidades coincidindo co Día Nacional de Galicia

Xoves 24 de xullo do 2014

O ".gal" é o dominio que nos corresponde como comunidade con fortes vencellos lingüísticos, culturais, históricos, sociais, etc. Unha especie de sufixo co que identificar en Internet as páxinas que se dirixan á sociedade galega. O dominio transmite marca de calidade galega, e, tendo en conta a nosa dispersión no mundo, non se circunscribe a un ámbito territorial pechado. ecnicamente viable e económica, social, lingüística e culturalmente rendible, o ".gal" é un dominio de primeiro nivel en Internet, ao lado doutros como ".com", ".org", ".es", ".cat" ou ".eu". En principio serán 93 as entidades que comezarán a utilizar este dominio, para estrealo e difundilo e, a partir do mes de setembro, calquera outra entidade, empresa, asociación, etc., que use o galego na rede e queira ter unha páxina web cun enderezo rematado en ".gal" xa poderá solicitalo. Pode obterse máis información sobre o domingo no web <www.dominio.gal>.

Compartir: