Inicio Carballo ao día Hemeroteca Corenta olladas sobre Galicia en branco e negro...

A INICIATIVA NACEU NAS REDES SOCIAIS

Corenta olladas sobre Galicia en branco e negro permanecen no Fórum Carballo en forma de exposición até o 15 de agosto

Venres 25 de xullo do 2014

A idea de só permitir imaxes en branco e negro no grupo foi debido a dous motivos principais, o primeiro, o pouco uso do monocromo por parte das comunidades fotográficas, como diferenciación; e o segundo, debido ao atractivo especial e atemporalidade que transmite, seguindo o camiño de grandes mestres como Ansel Adams, Robert Capa, Henri Cartier Bresson, ou Chema Madoz por citar só algúns. Outra das características do colectivo é que está formado na súa maioría por afeccionados e afeccionadas á fotografía, mais tamén conta con profesionais. Respecto da idea dunha exposición itinerante, naceu para gozar nunha dimensión diferente da visualización das imaxes, xa que a tendencia no contexto actual sempre adoita ser a presentación dixital e, cada vez menos, a finalización en papel. A exposición estará en itinerancia ata xaneiro de 2015. Debido á satisfacción persoal dos participantes e ao éxito de público nos lugares polos que xa pasou, estase preparando para o ano que vén unha proposta similar con fotografías novas e utilizando un fío ou nexo condutor. No acto de inauguración da mostra estiveron presentes o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira; a Concelleira de Festas, Belén Lendoiro; e moitos dos artistas protagonistas da mostra (todos na imaxe), incluíndo a Roberto Rey. Os interesados e interesadas poden descargar un dossier informativo da mostra, clicando aquí

Compartir: