Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde para as bases da convocatoria de...

AXUDAS PARA CONTRATAR UN AXENTE DE EMPREGO LOCAL

Luz verde para as bases da convocatoria de subvencións ás asociacións que desenvolvan accións no eido dos servizos sociais

Luns 28 de xullo do 2014

No mesmo apartado de subvencións a sesión supuxo a solicitude dunha axuda á Consellería de Traballo e Benestar para a contratación de axentes de emprego para o exercicio de 2014 no ámbito de colaboración coas entidades locais. En concreto, Carballo solicita a contratación dun axente en base á orde con data do 9 de xullo de 2014. No que se refire ao apartado de convenios, aprobouse un "Protocolo de actuación para a información das actuacións ordinarias e extraordinarias da ETAP do río Bardoso que poidan afectar ás súas augas" con motivo da construción dunha nova Estación de Tratamento de Auga Potable na ribeira do río Bardoso na parroquia de Berdillo e que dará subministro ao Concello de Carballo dentro do seu sistema xeral de abastecemento. Ademais, a sesión supuxo a modificación de dous contratos. No primeiro caso, do Contrato administrativo de servizos de "Mantemento das portas automáticas en edificios de titularidade municipal do Concello de Carballo" para engadir as portas automáticas da nova Biblioteca Municipal por un prezo anual de 665 euros (IVE incluído). No segundo, modifícase o Contrato administrativo de servizos de "Mantemento e conservación dos ascensores do Concello de Carballo", tamén para incluír o novo elevador da Biblioteca Municipal. Neste caso engadiríase un prezo anual de 1.161,60 euros (IVE incluído).

Para rematar, a sesión supuxo a aprobación de seis licenzas de obra e dúas licenzas de primeira ocupación e apertura.

Compartir: